'E toparon no río Anllóns facéndose mar, desa maneira señor, que enfeitiza a alma. Vese alí, nas gándaras do océano, como o devalar sereno é posuído por un corazón exaltado. Habería que poñer no Monte Branco unha escola de beleza, dixo melancólico o rei de Galicia. E logo señor, pasadas as xunqueiras do Anllóns, por Ponteceso, seguiron cara a parte de Corme, ata a pedra da serpe'.
Mm('En salvaxe compaña', Manuel Rivas pax. 166.)
|