OS NOSOS CONTOS
| "Eu antes estaba completamente xordo. E vía á xente, en pé e dando todo tipo de voltas. Chamábano baile. Parecíame absurdo... ata que un día escoitei a música. Entón comprendín o fermosa que era a danza". Do libro "O CANTO DO PAXARO" (Anthony Mello) |
Somentes quen escoitou algunha vez contar contos como escoitei eu ó meu avó,comprenderá ata onde chega a súa beleza... Terás sorte se atopas alguén que logre que "escoites a música" nestes contos.
Aqui tes unha lista de contos populares, na súa maior parte da provincia de Lugo. O primeiro deles é, sen dúbida, o meu preferido.. por moitas veces que mo contara o meu avó, eu sempre remataba chorando da risa. Aínda non logrei atopa-lo tal e como o escoitei eu sempre, así que decidín escribi-lo á miña maneira (pido desculpas) si atopei un conto de final parecido, no que o oso é un lobo, o porco é un tarro de mel e.. utilizase un tarro de auga en lugar do.. método mais divertido que coñecía eu.


Chúzao
del.icio.us
O meu avó tamén me contaba contos e case sempre eran de medo ou a min mo parecían. Nos seus contos sempre aparecían tamén os lobos,os raposos ou os cans doentes que a min me daban pánico.Parece que o estou oindo cando me decía:"Rorecha,vente que che vou contar un conto" I eu ía feliz pero logo na cama non podía dormir e tiña pesadelos. Recordo vagamente un dunha araña negra enorme e dunhas lavandeiras ... Imaxina eu na cama vendo unha especie de veuva negra pola parede branca!
Non sempre eran contos así porque outras veces me contaba contos de Nova York ou de Cuba, sitios nos que él viviu.
Ás veces gústame lembrarme do meu avó.
Gracias, María.
Aurora | 01-05-2007 - 19:54:38 GMT 1 #
A min tamén me contaban contos de medo e algún ainda o recordo como se fora hoxe, era miña avoa quen mos contaba,boas lembranzas, da nosa xentiña.
maría
marÃa | 01-05-2007 - 21:01:40 GMT 1 #