PATRIMONIO LÚDICO GALEGO
O SER HUMANO XOGA
O “QUE” É XOGO
O xogo é unha necesidade vital do ser humano, unha actividade indispensable para o desenvolvemento dos nenos e das nenas, a actividade máis importante da infancia, a profesión dos rapaces e rapazas, un medio de aprendizaxe espontánea, un campo de experimentación de hábitos intelectuais, físicos, sociais, morais... Infinidade de autores e autoras teñen tentado chegar a unha definición de xogo que non esquecese ningunha das súas virtualidades, e o labor non pode darse aínda por rematado. Porén, téñense tentado destacar cando menos tres características xerais do xogo. En primeiro lugar, o xogo é libre, espontáneo, e non condicionado por reforzos ou acontecementos externos. En segundo lugar, o xogo produce pracer en si mesmo, sempre á marxe de metas ou obxectivos externos ó propio xogo. Por último, e esta é a terceira grande característica do xogo -certamente determinada pola anterior- na actividade lúdica hai un predominio dos medios sobre os fins, sendo a finalidade do xogo, xogar, simplemente.
Así define a "AGXPT"o xogo,unha páxina para visitar ,interesante a recollida do patrimonio lúdico galego,entre outras.

Chúzao
del.icio.us