Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

23/05/2007 GMT 1

MIRADAS A LISBOA

marmalpica @ 15:30


22/05/2007 GMT 1

O NOVO DISCO DE XABIER DÍAZ

marmalpica @ 14:23

O novo disco de Xabier " Coplas para Icia " xunto con Pedro Lamas e Suso Iglesias xá está rematado , chegou ás tendas aló pola segunda semana de Maio . Aqui tedes unha mostra de como vai quedando: Muñeira de Cortellas de Soutomaior

xabier diaz

21/05/2007 GMT 1

FALAMOS DE OURENSE

marmalpica @ 21:22

UN SITIO

CULTURA POPULAR DO CONCELLO DE SANDIÁS

A LAGOA DE ANTELA

a-lagoa-de-antela-ii.jpg

A lagoa de Antela en 1960. En primeiro termo, a ponte das Poldras. O fondo a estrada de Villacastín a Vigo, actual N-525.

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros...........

UNHA MÚSICA

cuchufellos02.jpg

Cuchufellos de Manzaneda!!!, unha banda multicultural con influencias musicais tan diversas coma os seus compoñentes

20/05/2007 GMT 1

PULPIÑO VIASCON E O SERRUCHO MÁXICO

marmalpica @ 17:00


19/05/2007 GMT 1

BONOVO - NON PARAN

marmalpica @ 00:50


bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar

as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade.

A mistura das músicas que levan no seu interior conforman

o trío... Lixeiramente asíncrono.

A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda,

quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido

as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.

bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende

de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres

instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.

bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e

bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer

bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.

oscar  

Óscar Fernández :: A zanfona, instrumento de fonda

raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas

mans, incorporando os últimos avances e complementándose

cunha cadea de procesadores e samplers.

rober  

Roberto Grandal :: Sendo o acordeón unha máquina

de acompañamento case perfecta, engade un envolvente

baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas

ou frauta controlado ao vivo. Impactante!

 

vias  

Pulpiño Viascón :: Un multi-instrumentista sorprendente!

Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz “in the ocean”.

A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan

a rítmica de bOnOvO.

 

18/05/2007 GMT 1

UNHA ALTERNATIVA CULTURAL

marmalpica @ 09:00

XXV FESTA DAS LETRAS NO COUTO

Neste mes de maio a Asociación Cultural Monte Branco do Couto (Ponteceso) celebra os seus 25 anos de vida, así como os 25 anos da Festa das Letras e da Feira da Artesanía. Este 25 aniversario suporá o reencontro con todos os creadores e artesáns que pasaron polo Couto durante este cuarto de século.

O colectivo ofrécenos unha ampla e máis que interesante programación, que inclúe actuacións musicais, recitais poéticos, maxia e teatro, entre outras propostas

MONTE BRANCO,cumpre 25 anos facendo e divulgando cultura.

marmalpica @ 07:55
¿ONDE ESTAMOS?

'E toparon no río Anllóns facéndose mar, desa maneira señor, que enfeitiza a alma. Vese alí, nas gándaras do océano, como o devalar sereno é posuído por un corazón exaltado.
Habería que poñer no Monte Branco unha escola de beleza, dixo melancólico o rei de Galicia.
E logo señor, pasadas as xunqueiras do Anllóns, por Ponteceso, seguiron cara a parte de Corme, ata a pedra da serpe'.

Mm('En salvaxe compaña', Manuel Rivas pax. 166.)

17/05/2007 GMT 1

danza das areas-uxia senlle

marmalpica @ 16:20

uxia-01_hires.jpg

"A traxectoria de Uxía enmárcase necesariamente na continua percura a que se ten sometido a artista.. A percura dun camiño propio, de novos matices para a súa voz, de textos cos que construir cancións. Percura, por suposto, de culturas e músicas que rachan fronteiras. Neste proceso de consecución dun estilo persoal Uxía, sen embargo, non cesa de atopar polo camiño artistas que se teñen convertido en compañeiros de viaxe e que dan a súa música o sentido que ela sempre ten defendido, que non é outro que ser un elemento de comunicación.a súa voz, de textos cos que construir cancións."

16/05/2007 GMT 1

FESTIVAL DE CANS-

marmalpica @ 14:44

festival-de-cans.jpg

Un ano máis..

Un ano máis, e xa van catro... Festival de Cans!. De novo en maio (xoves 24, venres 25 e sábado 26) e de novo coincidindo co noso colega o Festival de Cannes.

O festival de cine máis festeiro de Galicia volve ao rego cargado de todos os símbolos que o fan tan peculiar: alpendres, galpóns e adegas que se converten en salas, unha tropa de chimpibuses para transportar aos espectadores, alfombras vermellas espalladas polos carreiros, moita música de espírito festeiro e a hospitalidade de sona universal dos veciños e veciñas de Cans.

E o que nunca pode faltar no Festival de Cans: as mellores curtas galegas do último ano, unha selección de luxo con ficción, animación e esas curtas inclasificables que alcumamos como “frikis”. Este ano tamén poderemos ver dúas longametraxes de estrea e por primeira vez unha selección dos mellores videoclips do país. Cans, a outra capital do Cine!

Se es tipo fino, tes un modisto que che fai os traxes a medida, só bebes viños con nome francés e de tapa prefires caviar beluga, quizais aínda queden billetes nalgún cruceiro á Costa Azul. Se che gusta a festa, tes curiosidade polo que fan as novas promesas do audiovisual galego e queres sentir o arrecendo do estrume mentres viaxas en chimpín dende o torreiro ata un cuberto transformado en sala de cine, aquí está o teu sitio. Non o penses máis...

vén ao Festival de Cans

15/05/2007 GMT 1

Morre Ramón Caamaño, unha das figuras da fotografía galega

marmalpica @ 20:30

Ramón Caamaño, fotógrafo muxián

"Realismo nesas faces curtidas, nesas expresións nostálxicas e nesas mans inchadas polo esforzo. E ficción neses fondos idealizados que contrastan cunha realidade social menos quimérica."


No se puede mostrar la imagen “http://www.cefvigo.com/imaxes/caamano_01.jpg” porque contiene errores.

   
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx  

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis