TERESA MOURE-RELATOS

Teresa Moure
Naceu en Monforte. É doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia na Universidade de Santiago de Compostela. Moure é unha das autoras máis laureadas dos últimos anos. En 2004 fíxose co premio Lueiro Rey grazas á novela curta “A xeira das árbores”. Ese mesmo ano revélase como unha notábel ensaista e gaña o premio Ramón Piñeiro con “Outro idioma é posíbel”. En 2005 a súa novela “Herba Moura”, que tivo un importante éxito de crítica e público, logra o Xerais. Este ano viu a luz a súa novela “Benquerida catástrofe” e tamén consegue o premio Rafael Dieste de teatro pola súa obra “Unha primavera para Aldara”.

Chúzao
del.icio.us






