Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

29/04/2007 GMT 1

OS NOSOS CONTOS

marmalpica @ 19:21

Páxina pricipal

"Eu antes estaba completamente xordo. E vía á xente, en pé e dando todo tipo de voltas. Chamábano baile. Parecíame absurdo... ata que un día escoitei a música. Entón comprendín o fermosa que era a danza". Do libro "O CANTO DO PAXARO" (Anthony Mello)

Somentes quen escoitou algunha vez contar contos como escoitei eu ó meu avó,comprenderá ata onde chega a súa beleza... Terás sorte se atopas alguén que logre que "escoites a música" nestes contos.

Aqui tes unha lista de contos populares, na súa maior parte da provincia de Lugo. O primeiro deles é, sen dúbida, o meu preferido.. por moitas veces que mo contara o meu avó, eu sempre remataba chorando da risa. Aínda non logrei atopa-lo tal e como o escoitei eu sempre, así que decidín escribi-lo á miña maneira (pido desculpas) si atopei un conto de final parecido, no que o oso é un lobo, o porco é un tarro de mel e.. utilizase un tarro de auga en lugar do.. método mais divertido que coñecía eu.

CONTOS POPULARES

27/04/2007 GMT 1

ArQUEOLOXÍA MUSICAL-1910-BUENOS AIRES.

marmalpica @ 18:26
 

Podes baixar os dous temas en mp3 directamente coas seguintes ligazóns :

OS DISCOS

 

Na Regueifa Plataforma temos o pracer e o privilexio de inaugurar a sección adicada á arqueoloxía musical galega coa restauración e edición da que posíbelmente sexa a primeira gravación da Historia dun solista cantando en galego. Nos anos 1910 e 1913 Saturnino M. Navarro gravou e publicou en Buenos Aires dous discos co selo Polyphon nos que se atopaban dúas pezas galegas: Alborada Gallega , unha composición de Pascual Veiga sobre un texto de Francisco María de la Iglesia e Os meus amores , unha composición de Xosé Baldomir sobre un texto de Salvador Golpe .

Aínda que a primeira gravación galega a realizara o Coro Aires d'a Terra na Coruña en 1904, o achádego destes dous discos, procedentes dun anticuario alemán que os trouxera de Uruguai, amosa que foi na diáspora arxentina apenas un lustro máis tarde onde por primeira vez un solista rexistrou a súa voz cantando en galego. Agora, case un século despois, as novas tecnoloxías nos permiten oferecervos restaurado e dixitalizado este fulcral documento sonoro da nosa historia musical e fonográfica









26/04/2007 GMT 1

Andrés do Barro-o tren

marmalpica @ 14:14

En "A Regueifa: Dobarrismo", máis videos de Andrés do Barro.


24/04/2007 GMT 1

GRÂNDOLA

marmalpica @ 15:49

Sempre abril, sempre Zeca

Hai vinte anos que deixou de soar a voz que celebrou a revolución cando entoou 'Grândola' na radio portuguesa o 25 de abril de 1974. Artistas dunha beira e da outra do Miño lembran a figura de José Afonso nunha gala que será retransmitida pola TVG e pola RTP.
VIEIROS: Galicia Hoxe 


22/04/2007 GMT 1

A TOUPIÑA QUE QUERIA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

marmalpica @ 20:16

MANU CHAO E A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

marmalpica @ 14:23








Esta versión aparece no disco

21/04/2007 GMT 1

MARFUL estará na feira do libro

marmalpica @ 07:18







FEIRA DO LIBRO EN PONTEVEDRA

marmalpica @ 07:01

cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007



Este espazo permitirá integrar, dinamizar e interrelacionar a pluralidade de sectores que actúan ao redor da cultura galega

Ilustración dunha rapaza lendo

O libro e a industria cultural galega atópanse nun gran momento. Con proxectos moi interesantes, unha traxectoria salientable ás súas costas e certo prestixio, pero aínda sen conseguir ter un nome de seu. Ante este feito, a Asociación Galega de Editores está a organizar Cultur.gal, Feira do Libro e da Industria Cultural, un espazo de encontro no que amosar e compartir toda a oferta producida pola industria cultural do país.

Este proxecto celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 10 e 13 de maio de 2007, tratando de ser unha plataforma de referencia obrigada na que se integren, dinamicen e interrelacionen todos os sectores reunidos entorno á industria cultural galega.

Todos os que queiran coñecer esa oferta cultural do país teñen unha gran cita en Cultur.gal, pois constitúe un perfecto escaparate tanto para os técnicos, que terán nesta feira un punto de encontro de asociacións profesionais, como para a cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todos os produtos culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.

Unha das grandes liñas de actuación do Cultur.gal será a das actividades culturais. Xa que logo, ao longo deses catro días de maio existirá unha continuada oferta de eventos, baseada na presentación de libros e discos, no encontro con escritores e músicos, proxeccións, mesas redondas, actuacións musicais, actividades infantís ou danza, así como a retransmisión en directo de diversos programas de radio e televisión, para o que se conta co apoio da RTVG.

En definitiva, un gran acontecemento de intercambio cultural, no que dar a coñecer a importante industria existente en Galicia.



19/04/2007 GMT 1

DESEÑO CEN POR CEN GALEGO

marmalpica @ 20:29

LETRAS GALEGAS EN ESCABECHE .

rias,ricas

na páxina de aduaneiros podemos descargar "LETRAS GALEGAS"

ADUANEIROS SEM FRONTEIRAS

Breve análise introdutório

A questom da existência dum caracter tipográfico galego tem a sua origem no início do século XX, coincidindo com o movemento cultural do Grupo Nós, que procura umha identidade etnográfica em múltiples aspeitos da cultura, e especialmente no seu grafista mais notable, Castelao: debuxante e teórico do grupo que deixa patente a sua observaçom e �detalhismo� dos estudos das formas autóctonas. Mais nom só foi ele o responsável desta recuperaçom cultural, pois cumpre salientar neste uso da grafia autóctona o papel que o cartelista Camilo Diaz Baliño desenvolve até a guerra civil espanhola, assim coma Seonae e muitas outras pessoas relacionadas com o laboratório de formas de Sargadelos. Todo este grupo de gente tiveram na sua ansia de recuperaçom cultural umha clara influência nas inscriçons paleográficas e petroglíficas que, sumando-se às vezes aos influjos medievais, maioritariamente de tipo uncial, misturam-se com formas espiraloides em letras como a O e o G, ou que acentuam as terminaçons em envoltura do S ou do N, entre outras formas características como se pode observar nas figuras seguintes:

Tras esta confrontaçom ideológica e cultural com o regime, e exercendo umha enorme repressom em território do Estado Español, começou unmha reivindicaçom e exaltaçom dende o exílio da identidade nacional e da conciência lingüística que na sua forma visual gerou um conjunto de actividades creativas baseadas nas formas antes descritas, que culminou coa caída do regime e o posterior retorno de muitos intelectuais exiliados.

MALPICA EN FOTOS,CON MÚSICA DE XABIER DIAZ

marmalpica @ 17:30


Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis