Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

13/05/2007 GMT 1

MAPAS SONOROS

marmalpica @ 10:41

ARTEIXO SUENA


ESCOITAR.ORG

Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Percibir, comprender e concibir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares e as nosas xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable. Escoitar.org é un proxecto de dinamización social aberto e libre cuxo obxectivo principal é a difusión e promoción do fenómeno sonoro e a súa exploración con fins sociais e documentais. Escoitar.org é tamén unha actividade do PROXECTO-EDICIÓN (CGAC, MARCO e Fundación Seoane). Podes participar engadindo as tuas gravacións. Benvido a Escoitar.org.

12/05/2007 GMT 1

BOCIXA, vocalista de Zënzar, dirixe "A ceo aberto"

marmalpica @ 13:45

"caricatura.gif

cheira mal

Ahí estaba zenzar,primeiro mordor, no seu primeiro local de ensaio no Pedamúa.

Esta caricatura foi feita por manolo de Fisterra, un seguidor do grupo dende os primeiros tempos cando zenzar actuaba bastante por esas terras. O mérito é que a fixo sen haber pisado nunca o mencionado local de ensaio, e a verdade é que o plasmou como si o coñecese de toda a vida.

Eso si a ristra de chourizos forma parte da sua imaxinación, ó mellor pensou que como o batería e o que máis desgaste ten, de ves en cando botaría man dos chourizos para recobrar forzas.

Outro detalle a mencionar e o da central térmica, vista a través da fiestra. Central que directa ou indirectamente marcou o devir de moita xente do noso entorno e como non influiu como se sabe nalgunha letra da formación.

Resumindo, que foron bos tempos, de desfase, de ilusión, de noites de rock and roll …

 

AS ENCROBAS. A CEO ABERTO

marmalpica @ 00:31

ESTRÉASE A CEO ABERTO, ÁS 8 NO AUDITORIO DE CERCEDA.

ficha artística
Dirección
X. Bocixa
Dirección fotografía
Benjamin Trillo Díaz
Guionista
X. Bocixa
Realización
Mon Soares

As Encrobas. A ceo aberto
As Encrobas. A ceo aberto

A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.


11/05/2007 GMT 1

Un concerto de Malvela é unha ocasión única para disfrutar da mellor música popular.

marmalpica @ 14:25

"O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía e organizado hai xa uns anos pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos.

O que nun principio foi unha actividade cultural, logo deu en converterse nunha paixón continuada, ata que a madurez e as ganas de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria, levaron a Malvela a concebir unha actividade artística fora do tradicional ámbito doméstico.

Malvela armouse dunha variada instrumentación:
Raquel Domínguez (gaita e frautas)
Viqui Pérez (cavaquiño e percusións)
Ana Senlle (percusión e dirección vocal)

Comezaron a levar a súa música popular alá onde foron requeridas (XX aniversario do grupo Na Lúa en O Porriño; Ponteceso, xunto a Susana Seivane; Arzúa, Vigo, As Pontes, San Sadurniño, Tui... e innumerables festas, romarías e actos culturais de toda Galicia, así coma varias actuacións na TVG).

Concebiron tamén un espectáculo chamado "Que o pano non me namora" para conmemorar o Día Mundial da Non Violencia contra as Mulleres, espectáculo audiovisual de denuncia dos malos tratos ás mulleres organizado pola Concellería de Muller e Xuventude do Concello de Mos, que acadou unha magnifica acollida entre o publico e a critica."

SANS FINS - MALVELA

10/05/2007 GMT 1

La Galice. Jean Dieuzaide

marmalpica @ 17:35
La Galice. Jean Dieuzaide
Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia, A Coruña
24 Abril - 23 Xuño

"A exposición La Galice mostra 65 fotografías tomadas por Jean Dieuzaide en 1958 e 1961 en Galicia. É unha selección do arquivo privado do autor, conservado na súa residencia de Toulouse que amosa a vida nas vilas e cidades, no campo e nas rías, dunha Galicia previa ao desenvolvemento que conservaba moitos dos seus singulares sinais de identidade."


O CANTAR DO ARRIEIRO - MALVELA

09/05/2007 GMT 1

PATRIMONIO INMATERIAL

marmalpica @ 14:42

Proxecto Ronsel

"Conservar e poñer en valor o noso patrimonio inmaterial

As regueifas ou desafíos cantados, as lendas, os oficios tradicionais e os saberes ligados aos traballos da terra e do mar son exemplos do patrimonio cultural galego. Trátase dunha parte importante da nosa cultura, que se pretende recuperar e poñer en valor a través de Ronsel, un ambicioso proxecto no que colaboran o Goberno galego e as tres universidades do país. Para consolidar os resultados os traballos prolongaranse durante 5 anos e para este primeiro o orzamento será de 255.000 euros.

O obxectivo é evitar a desaparición das formas inmateriais do noso patrimonio cultural de maneira que se poidan inserir na economía e na sociedade da Galiza actual. A acción coordenada dos departamentos de Cultura, Innovación e Industria e Medio Rural e o traballo dos investigadores das universidades permitirán poñer en marcha medidas conxuntas para aproveitar ao máximo as sinerxias"

FALAR DE AMORES - nordestin@s

08/05/2007 GMT 1

MARIÑA DOR - bisbarra de vacacións

marmalpica @ 20:08


GALICIA ENCANTADA - enciclopedia da fantasia popular de galicia

marmalpica @ 19:33

O mouro rouba os zapatos

E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío curcumba¨ paseábase por´o alto e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen”.

SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

ARI ARI - NORDESTIN@S

marmalpica @ 14:29

07-letra-ari-ari-1.JPG

07/05/2007 GMT 1

NON SEI - NORDESTIN@S

marmalpica @ 20:57

nordestinas1.JPG

Neste proxecto atopamos un repertorio de cancións populares do norte de Galicia, composicións que ulen a mar e a taberna, que falan de lendas de mulleres e sereas e que foron trasmitidas por varias xeracións grazas ao labor, entre outros, do “último leiteiro con carro e burra” de San Sadurniño.

ABE RABADE - GUADI GALEGO - UGIA PEDREIRA

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis