Categoría: VIDEOS
10/06/2007 GMT 1
08/06/2007 GMT 1
04/06/2007 GMT 1
03/06/2007 GMT 1
O DOBARRISMO NA REGUEIFA PLATAFORMA
"Apenas hai unhas horas que rematou a gala de homenaxe a Andrés Do Barro que tivo luga onte no Teatro Jofre de Ferrol -magnificamente conducida por Luis Tosar e Andrea Lapique, filla do homenaxeado- e como non podía ser doutra maneira nos tempos que corren xa hai algun que outro video das actuacións no noso querido Youtube. A calidade non é grande cousa e o plano picado -case a vista de paxaro-"...
02/06/2007 GMT 1
LORETTA MARTIN-PARAISO DISTANTE
O grupo coruñés de funk-rock Loretta Martin xa ten na rede o primeiro vídeo clip do seu disco Paraíso distante, editado por Falcatruada. A recreación d'As cores do solpor estivo dirixida polo novo director Jairo Iglesias e producido por Mr. Misto films
19/05/2007 GMT 1
BONOVO - NON PARAN
|
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono. A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes. bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel. bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.
|
||||||||||||
12/05/2007 GMT 1
AS ENCROBAS. A CEO ABERTO
ESTRÉASE A CEO ABERTO, ÁS 8 NO AUDITORIO DE CERCEDA.
| ficha artística |
| Dirección |
| Dirección fotografía |
| Guionista |
| Realización |
![]()
| As Encrobas. A ceo aberto As Encrobas. A ceo aberto |
A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.

Chúzao
del.icio.us

