Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

Categoría: MÚSICA

21/04/2007 GMT 1

MARFUL estará na feira do libro

marmalpica @ 07:18







19/04/2007 GMT 1

MALPICA EN FOTOS,CON MÚSICA DE XABIER DIAZ

marmalpica @ 17:30


18/04/2007 GMT 1

HABANEIRA DA FIN-ugia pedreira

marmalpica @ 16:46








UGIA PEDREIRA

UGIA PEDREIRA

marmalpica @ 15:20

Ugia Pedreira é directora do Conservatorio de Música Tradicional e folque de Lalín e colaboradora musical do programa “Un dia por diante” da Radio Galega. Ela é unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical galego. Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu anterior grupo de folque Chouteira e polas súas constantes colaboracións e heteroxéneas creacións: o Musical Dillei co actor Carlos Blanco, o espectáculo de Antón Reixa “Galicia Babie”, a sua versión de “Gracias a la vida” de Violeta Parra para o grupo de ska italiano Banda Basotti, o espectáculo femenino galego “Son delas” con Mercedes Peón, Uxía, Rosa Cedrón… Desde os 90 ten presencia na música rock galega da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa e actualmente voltámola encontrar nun novo proxecto de rock: Galhegoz.



MÁIS DE UGIA PEDREIRA

16/04/2007 GMT 1

PULPIÑO VIASCON

marmalpica @ 20:46








PULPIÑO VIASCON,músico e compositor,actor,clow,multiinstrumentista....esta canción MEU AMOR sae no disco recopilatorio de música galega A per loca.

O titulo baséase no nome dunha vía romana cargada de simbolismo: A per loca maritima , esta vía vertebraba a antigua Gallaecia,axudada da súas vías secundarias. Non só conectaba a vilas da Galiza de entón, senon que a conectaba co mundo:era unha entrada/saída do pobo galego-romano respecto ao seu entorno.

información recollida na portada do disco A per loca.
para máis información

http://www.komunikando.net/

15/04/2007 GMT 1

Algo de información de Xavier Diaz

marmalpica @ 21:09







"Xabier Díaz é un recoñecido músico, cantante e bailarín que conta xa cunha dilatada carreira dentro do panorama musical galego e do universo da cultura tradicional. Ademais de ser mestre e director da Escola de Música e Baile tradicional do concello de Ames, participou en numerosos proxectos como Cantos na Maré, (2003) xunto con músicos recoñecidos como Uxía Senlle, Chico César ou Manecas Costa ou Ao pe da Letra, proxecto no que se exploran as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea."

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis