"O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía e organizado hai xa uns anos pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos.
O que nun principio foi unha actividade cultural, logo deu en converterse nunha paixón continuada, ata que a madurez e as ganas de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria, levaron a Malvela a concebir unha actividade artística fora do tradicional ámbito doméstico.
Malvela armouse dunha variada instrumentación:
Raquel Domínguez (gaita e frautas)
Viqui Pérez (cavaquiño e percusións)
Ana Senlle (percusión e dirección vocal)
Comezaron a levar a súa música popular alá onde foron requeridas (XX aniversario do grupo Na Lúa en O Porriño; Ponteceso, xunto a Susana Seivane; Arzúa, Vigo, As Pontes, San Sadurniño, Tui... e innumerables festas, romarías e actos culturais de toda Galicia, así coma varias actuacións na TVG).
Concebiron tamén un espectáculo chamado "Que o pano non me namora" para conmemorar o Día Mundial da Non Violencia contra as Mulleres, espectáculo audiovisual de denuncia dos malos tratos ás mulleres organizado pola Concellería de Muller e Xuventude do Concello de Mos, que acadou unha magnifica acollida entre o publico e a critica."
SANS FINS - MALVELA