Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

Categoría: MÚSICA

18/08/2007 GMT 1

ITINERARÍOS HISTÓRICOS MUSICAIS

marmalpica @ 13:34

gaiteira.jpg

Áurea Rodríguez a primeira gaiteira documentada

1920

O país en clave de música
"A música acompáñanos en todos os ámbitos da vida, públicos ou privados, en todas as épocas", explica Ramom Pinheiro, fundador da discográfica Ouvirmos. Aínda que inadvertida, esa presenza sonora mantense ao noso arredor vencellada a todo tipo de elementos. Agora, esta compañía, coa colaboración da Consellaría de Industria e Turismo, pon en valor ese pouco coñecido patrimonio e elabora quince rutas turísticas centradas nesta arte por outras tantas localidades galegas.

DOCUMENTO | Selección de Itinerarios Histórico-Musicais. Pontevedra


AUDIO | Danza espagnola para Violino e Piano, Manuel Quiroga, 1928
AUDIO | Fantasía en cuarto tono, Luís de Narváez, 1538
AUDIO | Prende Salgueirño, Popular. Coral Polifónica de Pontevedra ,1929

10/08/2007 GMT 1

Un saúdo a che sudaka de xira pola nosa terra

marmalpica @ 09:28

GALIZA ALLA VAMOS!!!!

datas dos concertos


13/07/2007 GMT 1

QUEMPALLOU, novo disco, POLO AIRE

marmalpica @ 14:41

quempallou.jpg

O grupo de folc Quempallou nace aló por Abril do 1.999, froito en boa medida da coincidencia na Escola de Maxisterio de Pontevedra de dous dos seus integrantes. Deste xeito, pásase a incluí-lo acordeón nun cuarteto tradicional afincado en Bueu, xunto con outros dous compoñentes (David Magdaleno e Guillermo Lamosa), que algo máis tarde habían ser reemprazados por outros dous compañeiros, ao bombo e buzuki. A partires de aí xurde un tremendo entusiasmo pola nova formación, que os leva a traballar arreo con moita ilusión compoñendo, arranxando e recollendo os temas do seu repertorio. Guillermo Lamosa reincorpórase no 2001 ao grupo coa guitarra acústica e xa no 2002 entra o gaiteiro coruñés Xulio Coira en substitución do buenense Mui Novas.


01/07/2007 GMT 1

BERLIN-MARIA LADO

marmalpica @ 20:11

berlin-438.jpg

SABUCEDO-A RAPA DAS BESTAS

marmalpica @ 13:32
Rapa das bestas, unha tradición centenaria

Home e cabalo. A rapa das bestas de Sabucedo enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemuñas privilexadas deste rito anual.

A primeira fin de semana de xullo, un pequeño lugar, unha povoación que se multiplica. A rapa das bestas como principio e fin. A convivencia e a festas como transfondo.

Suor, esforzo, po e néboa. A madrugada para xuntalas bestas e comenzar a baixa. Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitantes que, por miles, acoden á cita. As tendas de campaña son o seu fogar durante tres días. A loita nobre entre o home e o cabalo, o que agardan ver.

Os días adícanse a rapa das bestas. Ás noites aínda quedan forzas para disfrutar da comida, o viño e a música. Os aloitadores/as cumpriron co seu rito iniciático, unha celebración non conaminada de intereses comerciais e que se celebra do mesmo xeito dende hai cinco séculos.

rapa1.jpg

27/06/2007 GMT 1

UN TANGO NO "A POLO GHIT"

marmalpica @ 21:49
Lamanaestrada

Tango para bailar em tanga...

Lamanaestrada é un grupo formado por catro persoas de Neda (Josecho, acordeón midi e serrucho; Toni, batería; Xabi, guitarra, e Leandro, voz) que andaban por aí en distintas aventuras. Por culpa de A Polo Ghit xuntáronse e argallaron esta canción de longuísimo título: Tango para bailar em tanga na areia de Cangas tomando um gelado.

LETRA:
Este é um tango que aprendim em Ribadeu, de um tio meu, chamava-se Amadeu que emigrou para Argentina navegando numha tina polo mar.De bar em bar passava o dia e as noites as currava numha panaderia. Ai! Povre tio meu queria ser cantante e o povre nom podia pois tinha umha afonia crónica pero umha tarde dando tumbos o meu tio deu com a tumba do Gardel e falou com ele: Gardel ensina-me a cantar um tango de veram que em agosto volt à Terra e algo tenho que levar!! Tango para bailar em tanga na areia de Cangas tomando um gelado, "de pinga"! com a prima Dosinda tomando mirinda, olhando para o mar... tongo!!! Que isto nom é um tango que isto é um ska... Skadrilhate bailado este ska...

25/06/2007 GMT 1

CREMA DE GAITA

marmalpica @ 20:45
Escoitade esta versión do lagarto pintado

"Por fin chegou o primeiro disco de Crema de Gaita, Crema de gaitao nada convencional grupo folk vigués no que Ernesto Campos ―de quen gravaron temas Carlos Núñez, Budiño ou Susana Seivane― interpreta e compón a meirande parte dos temas.
En TanGalego mestúranse tangos, tumbaos ou habaneras,… con influencias euroatlánticas e versións de temas de música tradicional galega. Para non perder, por exemplo, o Lagarto pintado a ritmo de bossa nova ou o tango con gaitas que dá título ao traballo."

21/06/2007 GMT 1

REVOLUTION DANCE

marmalpica @ 21:39

No se puede mostrar la imagen “http://www.radiochango.com/_ficheros_BD/artistas/45110721bf48858e08f193b8e978208b.jpg” porque contiene errores.A Banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tómás Ruido (Técnico de son ) e Matías Olazábal(guitarra), ademáis das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.
Este verán contará ademáis coa presencia ás voces de Bayo, líder das bandas madrileñas “Django FM” e “Bayo y Fa Palermo”, que se une á banda despois de colaborar en dous temas do disco.

20/06/2007 GMT 1

MEIGAS

marmalpica @ 21:18

meigas.jpg


No marco dos nacentes estados modernos con afáns centralistas, a cultura popular é considerada cada vez máis supersticiosa e convértese nun dos obxectivos da Inquisición. Neste ámbito, local e diverso, as curandeiras ou meigas, sobre todo se están solteiras ou viúvas -o que, nun contexto aldeán as sinala como diferentes-, serán as vítimas máis frecuentes das delacións. Comezan, xa que logo, a ser reprimidas porque encarnan o coñecemento e a cultura independente e popular. Están vencelladas á terra e a séculos de relación coa natureza, de aí que as herbas que empregan se converterán co tempo na base da moderna farmacoloxía. Ata a Idade Moderna son elas as que coñecen os remedios naturais para procurar alivio ás doenzas, asisten nos partos, exercen como xinecólogas e pediatras, o que -en palabras da historiadora Anna Armengo- acabará converténdoas en representantes da superstición fronte aos homes de ciencia, que personifican a cultura de elite que se impón desde o poder e dá lugar ao mito da comadroa-bruxa definido no Malleus Maleficarum.

Os homes comezan a formarse como médicos nas facultades e escolas e a medicina oficial imponse fronte á medicina popular, tradicionalmente en mans femininas. Segundo algúns autores, o poder que acumularan as mulleres en determinados campos da medicina era perigoso para o Estado, por iso especialidades médicas como a xinecoloxía ou a pedriatría pasaron a ser dominio do home. Pero os posicionamentos non son homoxéneos e xa no século XV aparecen opinións escépticas fronte á caza de bruxas. En 1489 Sexismundo, arquiduque de Austria, na súa obra Tractatus de Pythonicis Mulieribus mostra que as bruxas non teñen poder ningún, que só son vítimas da desesperación, da miseria e dos odios labregos. Serán moitas e variadas as cifras fornecidas en canto ás vítimas da caza de bruxas en Europa pero as investigacións recentes dan por certo que foron axustizadas polo menos un millón de mulleres acusadas de prácticas de bruxaría entre os séculos XIV e XVII. No século XVIII, Martín Sarmiento reivindicaría o saber das curandeiras, as meigas, como o de auténticos médicos e botánicos

Ler máis »

13/06/2007 GMT 1

JE PENSE A TOI - SENEGAL

marmalpica @ 17:17

No se puede mostrar la imagen “http://www.radiochango.com/_ficheros_BD/artistas/e925b64b6f36dd2f9fe4945b516c3e9f.jpg” porque contiene errores.


Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis