made in galiza-sechu sende
Séchu Sende: "Seguimos sen ter os dereitos garantidos"
Cre que "o conflito lingüístico é un problema actual", porque "seguimos sen ter os nosos dereitos garantidos e mesmo ós castelanfalantes se lles fai difícil usar o galego"
V. OLIVEIRA . SANTIAGO
![]() |
"Galiza é unha fábrica de palabras e non podemos rexeitar o noso produto, o galego, porque é a nosa etiqueta máis orixinal e máis valiosa que nos fai únicos como pobo". Así entende a lingua o profesor e escritor padronés Séchu Sende que presentou onte na Feira do Libro de Vigo a súa última obra de relatos, Made in Galiza, unha declaración de intencións sobre como afrontar o conflito lingüístico con humor e sen prexuízos.


Chúzao
del.icio.us