Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

Categoría: CULTURA

01/05/2007 GMT 1

OS RÍOS GALEGOS

marmalpica @ 13:58

No se puede mostrar la imagen “http://www.galeon.com/sloren/pacheco.jpg” porque contiene errores.


Sacado do libro : Os rios Galegos

de Ramón Otero Pedrayo.

(Foto do Río Miño-Os Peares. Fonte o libro citado)

" O miño ourensán siñifica unha estaxe de val carregado de historia. Decorre o río en fermosos relanzos polo val quente e afonda antre terrazas edificadas por il. As Comarcas obedentes ó chamamento do Miño ourensán son moitas, mestas de historia, de soaves matizaciós. Son as do Ribeiro ourensán, os penichaos da Peroxa, as bocarribeiras cinguidas por degráus sinxelos de caraiteres paisaxísticos...Os fartos meandros folgados, entre as terrazas de barro e pelouros, pé das costas graníticas das bocarribeiras, fan a beleza do Miño ourensán. Folgadas voltas de Ourense a Reza, de Barbantes, veigas mestas onde as formas vellas combínanse cas novas e os coiñales brancos anovan a estroitura das terrazas envolveitas na escura vexetación, valencia das crebadas afluentes, únhas estreitas, case leitos de torrentes e cachóns, outras orgaizadas. Eles madurecen na veiga e meandros de Ventosela...".

Hai unha foto extraordinaria desta zona do Miño sacada polo fotográfo Pacheco.

Foto do río Miño en Ourense. Pacheco.

Eran outros tempos.

O río Miño no ano 1925.

Fonte o libro citado. Ourense ano 1925

29/04/2007 GMT 1

OS NOSOS CONTOS

marmalpica @ 19:21

Páxina pricipal

"Eu antes estaba completamente xordo. E vía á xente, en pé e dando todo tipo de voltas. Chamábano baile. Parecíame absurdo... ata que un día escoitei a música. Entón comprendín o fermosa que era a danza". Do libro "O CANTO DO PAXARO" (Anthony Mello)

Somentes quen escoitou algunha vez contar contos como escoitei eu ó meu avó,comprenderá ata onde chega a súa beleza... Terás sorte se atopas alguén que logre que "escoites a música" nestes contos.

Aqui tes unha lista de contos populares, na súa maior parte da provincia de Lugo. O primeiro deles é, sen dúbida, o meu preferido.. por moitas veces que mo contara o meu avó, eu sempre remataba chorando da risa. Aínda non logrei atopa-lo tal e como o escoitei eu sempre, así que decidín escribi-lo á miña maneira (pido desculpas) si atopei un conto de final parecido, no que o oso é un lobo, o porco é un tarro de mel e.. utilizase un tarro de auga en lugar do.. método mais divertido que coñecía eu.

CONTOS POPULARES

27/04/2007 GMT 1

ArQUEOLOXÍA MUSICAL-1910-BUENOS AIRES.

marmalpica @ 18:26
 

Podes baixar os dous temas en mp3 directamente coas seguintes ligazóns :

OS DISCOS

 

Na Regueifa Plataforma temos o pracer e o privilexio de inaugurar a sección adicada á arqueoloxía musical galega coa restauración e edición da que posíbelmente sexa a primeira gravación da Historia dun solista cantando en galego. Nos anos 1910 e 1913 Saturnino M. Navarro gravou e publicou en Buenos Aires dous discos co selo Polyphon nos que se atopaban dúas pezas galegas: Alborada Gallega , unha composición de Pascual Veiga sobre un texto de Francisco María de la Iglesia e Os meus amores , unha composición de Xosé Baldomir sobre un texto de Salvador Golpe .

Aínda que a primeira gravación galega a realizara o Coro Aires d'a Terra na Coruña en 1904, o achádego destes dous discos, procedentes dun anticuario alemán que os trouxera de Uruguai, amosa que foi na diáspora arxentina apenas un lustro máis tarde onde por primeira vez un solista rexistrou a súa voz cantando en galego. Agora, case un século despois, as novas tecnoloxías nos permiten oferecervos restaurado e dixitalizado este fulcral documento sonoro da nosa historia musical e fonográfica









24/04/2007 GMT 1

GRÂNDOLA

marmalpica @ 15:49

Sempre abril, sempre Zeca

Hai vinte anos que deixou de soar a voz que celebrou a revolución cando entoou 'Grândola' na radio portuguesa o 25 de abril de 1974. Artistas dunha beira e da outra do Miño lembran a figura de José Afonso nunha gala que será retransmitida pola TVG e pola RTP.
VIEIROS: Galicia Hoxe 


21/04/2007 GMT 1

FEIRA DO LIBRO EN PONTEVEDRA

marmalpica @ 07:01

cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007



Este espazo permitirá integrar, dinamizar e interrelacionar a pluralidade de sectores que actúan ao redor da cultura galega

Ilustración dunha rapaza lendo

O libro e a industria cultural galega atópanse nun gran momento. Con proxectos moi interesantes, unha traxectoria salientable ás súas costas e certo prestixio, pero aínda sen conseguir ter un nome de seu. Ante este feito, a Asociación Galega de Editores está a organizar Cultur.gal, Feira do Libro e da Industria Cultural, un espazo de encontro no que amosar e compartir toda a oferta producida pola industria cultural do país.

Este proxecto celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 10 e 13 de maio de 2007, tratando de ser unha plataforma de referencia obrigada na que se integren, dinamicen e interrelacionen todos os sectores reunidos entorno á industria cultural galega.

Todos os que queiran coñecer esa oferta cultural do país teñen unha gran cita en Cultur.gal, pois constitúe un perfecto escaparate tanto para os técnicos, que terán nesta feira un punto de encontro de asociacións profesionais, como para a cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todos os produtos culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.

Unha das grandes liñas de actuación do Cultur.gal será a das actividades culturais. Xa que logo, ao longo deses catro días de maio existirá unha continuada oferta de eventos, baseada na presentación de libros e discos, no encontro con escritores e músicos, proxeccións, mesas redondas, actuacións musicais, actividades infantís ou danza, así como a retransmisión en directo de diversos programas de radio e televisión, para o que se conta co apoio da RTVG.

En definitiva, un gran acontecemento de intercambio cultural, no que dar a coñecer a importante industria existente en Galicia.



19/04/2007 GMT 1

DESEÑO CEN POR CEN GALEGO

marmalpica @ 20:29

LETRAS GALEGAS EN ESCABECHE .

rias,ricas

na páxina de aduaneiros podemos descargar "LETRAS GALEGAS"

ADUANEIROS SEM FRONTEIRAS

Breve análise introdutório

A questom da existência dum caracter tipográfico galego tem a sua origem no início do século XX, coincidindo com o movemento cultural do Grupo Nós, que procura umha identidade etnográfica em múltiples aspeitos da cultura, e especialmente no seu grafista mais notable, Castelao: debuxante e teórico do grupo que deixa patente a sua observaçom e �detalhismo� dos estudos das formas autóctonas. Mais nom só foi ele o responsável desta recuperaçom cultural, pois cumpre salientar neste uso da grafia autóctona o papel que o cartelista Camilo Diaz Baliño desenvolve até a guerra civil espanhola, assim coma Seonae e muitas outras pessoas relacionadas com o laboratório de formas de Sargadelos. Todo este grupo de gente tiveram na sua ansia de recuperaçom cultural umha clara influência nas inscriçons paleográficas e petroglíficas que, sumando-se às vezes aos influjos medievais, maioritariamente de tipo uncial, misturam-se com formas espiraloides em letras como a O e o G, ou que acentuam as terminaçons em envoltura do S ou do N, entre outras formas características como se pode observar nas figuras seguintes:

Tras esta confrontaçom ideológica e cultural com o regime, e exercendo umha enorme repressom em território do Estado Español, começou unmha reivindicaçom e exaltaçom dende o exílio da identidade nacional e da conciência lingüística que na sua forma visual gerou um conjunto de actividades creativas baseadas nas formas antes descritas, que culminou coa caída do regime e o posterior retorno de muitos intelectuais exiliados.

18/04/2007 GMT 1

HABANEIRA DA FIN-ugia pedreira

marmalpica @ 16:46








UGIA PEDREIRA

UGIA PEDREIRA

marmalpica @ 15:20

Ugia Pedreira é directora do Conservatorio de Música Tradicional e folque de Lalín e colaboradora musical do programa “Un dia por diante” da Radio Galega. Ela é unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical galego. Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu anterior grupo de folque Chouteira e polas súas constantes colaboracións e heteroxéneas creacións: o Musical Dillei co actor Carlos Blanco, o espectáculo de Antón Reixa “Galicia Babie”, a sua versión de “Gracias a la vida” de Violeta Parra para o grupo de ska italiano Banda Basotti, o espectáculo femenino galego “Son delas” con Mercedes Peón, Uxía, Rosa Cedrón… Desde os 90 ten presencia na música rock galega da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa e actualmente voltámola encontrar nun novo proxecto de rock: Galhegoz.



MÁIS DE UGIA PEDREIRA

17/04/2007 GMT 1

PATRIMONIO LÚDICO GALEGO

marmalpica @ 15:02

O SER HUMANO XOGA

O “QUE” É XOGO

O xogo é unha necesidade vital do ser humano, unha actividade indispensable para o desenvolvemento dos nenos e das nenas, a actividade máis importante da infancia, a profesión dos rapaces e rapazas, un medio de aprendizaxe espontánea, un campo de experimentación de hábitos intelectuais, físicos, sociais, morais... Infinidade de autores e autoras teñen tentado chegar a unha definición de xogo que non esquecese ningunha das súas virtualidades, e o labor non pode darse aínda por rematado. Porén, téñense tentado destacar cando menos tres características xerais do xogo. En primeiro lugar, o xogo é libre, espontáneo, e non condicionado por reforzos ou acontecementos externos. En segundo lugar, o xogo produce pracer en si mesmo, sempre á marxe de metas ou obxectivos externos ó propio xogo. Por último, e esta é a terceira grande característica do xogo -certamente determinada pola anterior- na actividade lúdica hai un predominio dos medios sobre os fins, sendo a finalidade do xogo, xogar, simplemente.

Así define a "AGXPT"o xogo,unha páxina para visitar ,interesante a recollida do patrimonio lúdico galego,entre outras.

Asociación galega do xogo popular e tradicional.

AGXPT

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis