Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

Categoría: CULTURA

26/06/2007 GMT 1

SALA NASA, unha nave ESPECIAL

marmalpica @ 21:40

lgnasa.gif

CHEGA A FESTA DO CIRCO

Se che gustan Telecirco e o Circovery Channel, se es un asiduo dos reality shows de rúa, se foches un dos millóns de espectadores de Teño unha pregunta para o clown, se non te perdes Operación Rulo nin Cine de Malabarios e sobre todo se aturas tantos miles de horas de publicidade, de seguro que CIRCO TV é a túa canle favorita!!

Un grupo de artistas e de técnicos que traballaban na televisión e quedaron no paro decidiron levar a cabo a primeira emisión desta nova canle. Roubando os decorados do plató de Eurovisión 1979 e ideas doutros programas, coa banda de Frank Zapping en directo, polas ondas do Cabo San Lourenzo chega agora a televisión temática por cabo do Novo Circo e do Cabaré. Hoxe!!! Sintoniza o CIRCO TV!!!

24/06/2007 GMT 1

HERBAS DE SAN XOÁN

marmalpica @ 13:07

herba_san_xoan.jpg

As herbas de San Xoán 

"Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos e certas herbas recendentes, e deixase toda a noite ao descuberto -prefrible sobre o tellado- pra que adequira o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán tódolos membros da familia, en especial os nenos, teñen que lavarse con esta auga milagreira, que, por certo, arrecende maravillosamente (ule a rosas, xa se ve)"

20/06/2007 GMT 1

MEIGAS

marmalpica @ 21:18

meigas.jpg


No marco dos nacentes estados modernos con afáns centralistas, a cultura popular é considerada cada vez máis supersticiosa e convértese nun dos obxectivos da Inquisición. Neste ámbito, local e diverso, as curandeiras ou meigas, sobre todo se están solteiras ou viúvas -o que, nun contexto aldeán as sinala como diferentes-, serán as vítimas máis frecuentes das delacións. Comezan, xa que logo, a ser reprimidas porque encarnan o coñecemento e a cultura independente e popular. Están vencelladas á terra e a séculos de relación coa natureza, de aí que as herbas que empregan se converterán co tempo na base da moderna farmacoloxía. Ata a Idade Moderna son elas as que coñecen os remedios naturais para procurar alivio ás doenzas, asisten nos partos, exercen como xinecólogas e pediatras, o que -en palabras da historiadora Anna Armengo- acabará converténdoas en representantes da superstición fronte aos homes de ciencia, que personifican a cultura de elite que se impón desde o poder e dá lugar ao mito da comadroa-bruxa definido no Malleus Maleficarum.

Os homes comezan a formarse como médicos nas facultades e escolas e a medicina oficial imponse fronte á medicina popular, tradicionalmente en mans femininas. Segundo algúns autores, o poder que acumularan as mulleres en determinados campos da medicina era perigoso para o Estado, por iso especialidades médicas como a xinecoloxía ou a pedriatría pasaron a ser dominio do home. Pero os posicionamentos non son homoxéneos e xa no século XV aparecen opinións escépticas fronte á caza de bruxas. En 1489 Sexismundo, arquiduque de Austria, na súa obra Tractatus de Pythonicis Mulieribus mostra que as bruxas non teñen poder ningún, que só son vítimas da desesperación, da miseria e dos odios labregos. Serán moitas e variadas as cifras fornecidas en canto ás vítimas da caza de bruxas en Europa pero as investigacións recentes dan por certo que foron axustizadas polo menos un millón de mulleres acusadas de prácticas de bruxaría entre os séculos XIV e XVII. No século XVIII, Martín Sarmiento reivindicaría o saber das curandeiras, as meigas, como o de auténticos médicos e botánicos

Ler máis »

17/06/2007 GMT 1

PISTA CATRO-CIRCO NA RÚA

marmalpica @ 19:27

14/06/2007 GMT 1

16 de Xuño - Malpica - Costa da Morte - Santo Hadrián

marmalpica @ 22:07

"Aquí o mar urde a súa vinganza.
Agabea polos cantís, cos seus miles de ollos desorbitados, brancos de carraxe, e roxe unha memoria tempestuosa de bergantíns desaborados, goletas ó garete, desnortadas fragatas, pailebotes sen rumbo, cargueiros embarrancados, pesqueiros sen estrela, vapores sen resollo, señores do océano coa caluga vencida, fachendosas máquinas de mar fundidas para sempre. Este mar de inverno cóntao todo a berros para que se decaten ben"

Manolo Rivas

Camiños por Malpica

santo-hadrian.jpg

05/06/2007 GMT 1

Malpica 1935

marmalpica @ 22:01

                             No Kiosko Alfonso

As Misións Pedagóxicas da II República recuperan a memoria

misiones.jpg

Malpica, 1935

"Una de las fotos más elocuentes de la expectación que despertaban las Misiones es una imagen del puerto de Malpica de octubre de 1935, con el muelle abarrotado por una multitud que ocupa incluso las embarcaciones, a la espera de que comience un espectáculo de títeres."

01/06/2007 GMT 1

XOGOS POPULARES

marmalpica @ 16:09

Pretenden recuperar a tradición dos xogos e deportes de antano

"Os avances da modernidade e os xoguetes de cores atractivas do Toys`r´Us teñen deixado en desuso moitos dos xogos populares cos que enredaban os nosos pais e avós. Agora, un grupo de xente vencellada ao ámbito educativo programaron para o sábado 26 de xuño en Melide unha reunión aberta a todos os interesados na que se discutirá a posta en marcha dunha coordenadora que se ocupe de recuperalos para o disfrute dos nenos de hoxe."

x1090928750_xogos_populares.jpg

31/05/2007 GMT 1

PROGRAMACIÓN

marmalpica @ 21:36

PONTE NAS ONDAS

29/05/2007 GMT 1

CASAS DOENTES

marmalpica @ 21:23

casas0009.jpg


10 maio-24 xuño

"A Fundación acolle estas dúas exposicións producidas pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia. Casas Doentes é un percorrido pola obra máis recente do fotógrafo galego Manuel Sendón. A exposición pretende explorar as posibilidades estéticas e comunicativas das imaxes de casas en ruínas, deterioradas ou inacabadas, ubicadas mesmo no medio rural como na cidade e cuxa capacidade de evocación lles confire un aspecto simbólico, case máxico."

Na Fundación Barrié - A Coruña

28/05/2007 GMT 1

A TELE QUE PODES COPIAR E PEGAR

marmalpica @ 20:08

A tele que podes copiar e pegarCulturagalegaTV é o almacén audiovisual de culturagalega.org, e conta cunha programación semanal estable destinada a presentarche producións audiovisuais de interese na cultura galega. CulturagalegaTV é un produto creado a partir de AVG, o soportal do audiovisual galego deste portal.

Pero culturagalegaTV non é unha televisión convencional: podes copiar e pegar as producións que o permitan no teu web ou no teu blog se desexas enriquecer o teu contido. O mellor de todo é que non precisas pedirnos permiso. Simplemente copia o código HTML que damos na ficha da produción e pégao á túa páxina. Así de sinxelo.

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis