
“María Balteira, señora do tempo pasado”.
Luar na Lubre, Espido, Mercedes Peón, Xabier Díaz e Uxía actuarán en Compostela, Vigo e A Coruña nun festival musical a prol do ensino da nosa lingua desde a primeira infancia.
Un festival servirá para promover a transmisión do galego como lingua materna. A Festa dos Axóuxeres, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolverase en Santiago, en Vigo e na Coruña. Serán tres concertos de grupos que participan no disco Cantos de arrolar, que se está a agasallar a todas as mulleres como parte da campaña Xeración e logo!
O martes 4 actuarán no Campus Sur de Compostela Luar na Lubre e Espido. En Vigo, o xoves 6 estarán Mercedes Peón e Xabier Díaz na praza da Estrela. O festival remata na Coruña o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. As citas serán de balde e comezarán ás sete da tarde.
As actuacións están destinadas a toda a familia, e contarán tamén co humor de Miguel de Lira e a maxia do mago Romarís. Política Lingüística pretende levar a iniciativa no inverno ás vilas do país, aínda que cun formato diferente e en espazos pechados.


Áurea Rodríguez a primeira gaiteira documentada
O país en clave de música
"A música acompáñanos en todos os ámbitos da vida, públicos ou privados, en todas as épocas", explica Ramom Pinheiro, fundador da discográfica Ouvirmos. Aínda que inadvertida, esa presenza sonora mantense ao noso arredor vencellada a todo tipo de elementos. Agora, esta compañía, coa colaboración da Consellaría de Industria e Turismo, pon en valor ese pouco coñecido patrimonio e elabora quince rutas turísticas centradas nesta arte por outras tantas localidades galegas.
DOCUMENTO | Selección de Itinerarios Histórico-Musicais. Pontevedra
AUDIO | Danza espagnola para Violino e Piano, Manuel Quiroga, 1928
AUDIO | Fantasía en cuarto tono, Luís de Narváez, 1538
AUDIO | Prende Salgueirño, Popular. Coral Polifónica de Pontevedra ,1929
Esta homenaxe fáiselle todos os anos a escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria. Ademais, recibe a consideración de "Socio de Honra"
|
Biografía |
Manuel Lourenzo nace en Ferreira do Valadouro (Lugo) no ano 1943. Dase a coñecer a inicios dos anos sesenta como autor dunha obriña titulada O moucho. Desde ese momento vai desenvolver unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, traductor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais

Naceu en Monforte. É doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia na Universidade de Santiago de Compostela. Moure é unha das autoras máis laureadas dos últimos anos. En 2004 fíxose co premio Lueiro Rey grazas á novela curta “A xeira das árbores”. Ese mesmo ano revélase como unha notábel ensaista e gaña o premio Ramón Piñeiro con “Outro idioma é posíbel”. En 2005 a súa novela “Herba Moura”, que tivo un importante éxito de crítica e público, logra o Xerais. Este ano viu a luz a súa novela “Benquerida catástrofe” e tamén consegue o premio Rafael Dieste de teatro pola súa obra “Unha primavera para Aldara”.
| Rapa das bestas, unha tradición centenaria | |
|---|---|
|
Home e cabalo. A rapa das bestas de Sabucedo enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemuñas privilexadas deste rito anual. A primeira fin de semana de xullo, un pequeño lugar, unha povoación que se multiplica. A rapa das bestas como principio e fin. A convivencia e a festas como transfondo. Suor, esforzo, po e néboa. A madrugada para xuntalas bestas e comenzar a baixa. Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitantes que, por miles, acoden á cita. As tendas de campaña son o seu fogar durante tres días. A loita nobre entre o home e o cabalo, o que agardan ver. Os días adícanse a rapa das bestas. Ás noites aínda quedan forzas para disfrutar da comida, o viño e a música. Os aloitadores/as cumpriron co seu rito iniciático, unha celebración non conaminada de intereses comerciais e que se celebra do mesmo xeito dende hai cinco séculos. |
Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis