PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento
SÁBADO 19 DE XANEIRO
INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI)
Santiago de Compostela
O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo
presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de
Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz
Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión,
reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e
denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no
ambiental, no político e no cultural.
No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión
colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá
como documento base do foro e inciativa de apoio a Isaac.
Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da
construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa
compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en
experiencias como Hai que Botalos.
Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas
na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das
esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos
xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.
Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as
nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan
máis próximos.
O domingo 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.
Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en
foronegro@arredemo.info
+info
Axúdanos a difundir esta convocatoria

Chúzao
del.icio.us