Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AVANTEBLOG
Neste blog pretendo aprender a manexarme como usuaria e o mesmo tempo ir compartindo recursos e actividades da aula.

Arquivo: Maio 2007

31/05/2007 GMT 1

PROGRAMACIÓN

marmalpica @ 21:36

PONTE NAS ONDAS

29/05/2007 GMT 1

CASAS DOENTES

marmalpica @ 21:23

casas0009.jpg


10 maio-24 xuño

"A Fundación acolle estas dúas exposicións producidas pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia. Casas Doentes é un percorrido pola obra máis recente do fotógrafo galego Manuel Sendón. A exposición pretende explorar as posibilidades estéticas e comunicativas das imaxes de casas en ruínas, deterioradas ou inacabadas, ubicadas mesmo no medio rural como na cidade e cuxa capacidade de evocación lles confire un aspecto simbólico, case máxico."

Na Fundación Barrié - A Coruña

28/05/2007 GMT 1

A TELE QUE PODES COPIAR E PEGAR

marmalpica @ 20:08

A tele que podes copiar e pegarCulturagalegaTV é o almacén audiovisual de culturagalega.org, e conta cunha programación semanal estable destinada a presentarche producións audiovisuais de interese na cultura galega. CulturagalegaTV é un produto creado a partir de AVG, o soportal do audiovisual galego deste portal.

Pero culturagalegaTV non é unha televisión convencional: podes copiar e pegar as producións que o permitan no teu web ou no teu blog se desexas enriquecer o teu contido. O mellor de todo é que non precisas pedirnos permiso. Simplemente copia o código HTML que damos na ficha da produción e pégao á túa páxina. Así de sinxelo.

27/05/2007 GMT 1

A POLO GHIT

marmalpica @ 14:14

MERENGUE ROSALIA

Buscamos a canción galega do verán

Comeza a segunda edición de A polo ghit, o concurso que anda na procura da canción do verán e que organizan Vieiros e a Radio Galega. Os internautas xa podedes escoitar, votar e opinar sobre as propostas que se van recibindo, e os artistas podedes seguir enviando as vosas candidaturas até o 21 de xullo.Máis información, novas, bases

Lista de participantes

26/05/2007 GMT 1

PONTE NAS ONDAS

marmalpica @ 16:43

No se puede mostrar la imagen “http://www.pontenasondas.org/images/2007/07-portada.jpg” porque contiene errores.

"Ponte...nas ondas!, experiencia de comunicación nacida no ano 95, convoca a XIII edición da xornada de radio interescolar que vai dar continuidade á liña de traballo comezada en 2002 sobre o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Desde entón, a programación e o labor de Ponte...nas ondas! puxo en valor e transmitiu ás novas xeracións diversos aspectos da cultura común galego-portuguesa."
"Ademais e, segundo recomenda a UNESCO, seguimos a demandar a introdución do patrimonio inmaterial galego-portugués no sistema educativo de Galiza e do Norte de Portugal."

25/05/2007 GMT 1

TANXARINA TITERES

marmalpica @ 21:04

tanxarina2.jpg

"A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia.

24/05/2007 GMT 1

FESTIVAL DE TITERES EN REDONDELA

marmalpica @ 22:02

man_07_2.gif

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA © MEMORIAL JUANJO AMOEDO

(Do 21 ao 27 de Maio do 2007)

23/05/2007 GMT 1

MIRADAS A LISBOA

marmalpica @ 15:30


22/05/2007 GMT 1

O NOVO DISCO DE XABIER DÍAZ

marmalpica @ 14:23

O novo disco de Xabier " Coplas para Icia " xunto con Pedro Lamas e Suso Iglesias xá está rematado , chegou ás tendas aló pola segunda semana de Maio . Aqui tedes unha mostra de como vai quedando: Muñeira de Cortellas de Soutomaior

xabier diaz

21/05/2007 GMT 1

FALAMOS DE OURENSE

marmalpica @ 21:22

UN SITIO

CULTURA POPULAR DO CONCELLO DE SANDIÁS

A LAGOA DE ANTELA

a-lagoa-de-antela-ii.jpg

A lagoa de Antela en 1960. En primeiro termo, a ponte das Poldras. O fondo a estrada de Villacastín a Vigo, actual N-525.

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros...........

UNHA MÚSICA

cuchufellos02.jpg

Cuchufellos de Manzaneda!!!, unha banda multicultural con influencias musicais tan diversas coma os seus compoñentes

20/05/2007 GMT 1

PULPIÑO VIASCON E O SERRUCHO MÁXICO

marmalpica @ 17:00


19/05/2007 GMT 1

BONOVO - NON PARAN

marmalpica @ 00:50


bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar

as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade.

A mistura das músicas que levan no seu interior conforman

o trío... Lixeiramente asíncrono.

A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda,

quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido

as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.

bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende

de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres

instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.

bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e

bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer

bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.

oscar  

Óscar Fernández :: A zanfona, instrumento de fonda

raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas

mans, incorporando os últimos avances e complementándose

cunha cadea de procesadores e samplers.

rober  

Roberto Grandal :: Sendo o acordeón unha máquina

de acompañamento case perfecta, engade un envolvente

baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas

ou frauta controlado ao vivo. Impactante!

 

vias  

Pulpiño Viascón :: Un multi-instrumentista sorprendente!

Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz “in the ocean”.

A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan

a rítmica de bOnOvO.

 

18/05/2007 GMT 1

UNHA ALTERNATIVA CULTURAL

marmalpica @ 09:00

XXV FESTA DAS LETRAS NO COUTO

Neste mes de maio a Asociación Cultural Monte Branco do Couto (Ponteceso) celebra os seus 25 anos de vida, así como os 25 anos da Festa das Letras e da Feira da Artesanía. Este 25 aniversario suporá o reencontro con todos os creadores e artesáns que pasaron polo Couto durante este cuarto de século.

O colectivo ofrécenos unha ampla e máis que interesante programación, que inclúe actuacións musicais, recitais poéticos, maxia e teatro, entre outras propostas

MONTE BRANCO,cumpre 25 anos facendo e divulgando cultura.

marmalpica @ 07:55
¿ONDE ESTAMOS?

'E toparon no río Anllóns facéndose mar, desa maneira señor, que enfeitiza a alma. Vese alí, nas gándaras do océano, como o devalar sereno é posuído por un corazón exaltado.
Habería que poñer no Monte Branco unha escola de beleza, dixo melancólico o rei de Galicia.
E logo señor, pasadas as xunqueiras do Anllóns, por Ponteceso, seguiron cara a parte de Corme, ata a pedra da serpe'.

Mm('En salvaxe compaña', Manuel Rivas pax. 166.)

17/05/2007 GMT 1

danza das areas-uxia senlle

marmalpica @ 16:20

uxia-01_hires.jpg

"A traxectoria de Uxía enmárcase necesariamente na continua percura a que se ten sometido a artista.. A percura dun camiño propio, de novos matices para a súa voz, de textos cos que construir cancións. Percura, por suposto, de culturas e músicas que rachan fronteiras. Neste proceso de consecución dun estilo persoal Uxía, sen embargo, non cesa de atopar polo camiño artistas que se teñen convertido en compañeiros de viaxe e que dan a súa música o sentido que ela sempre ten defendido, que non é outro que ser un elemento de comunicación.a súa voz, de textos cos que construir cancións."

16/05/2007 GMT 1

FESTIVAL DE CANS-

marmalpica @ 14:44

festival-de-cans.jpg

Un ano máis..

Un ano máis, e xa van catro... Festival de Cans!. De novo en maio (xoves 24, venres 25 e sábado 26) e de novo coincidindo co noso colega o Festival de Cannes.

O festival de cine máis festeiro de Galicia volve ao rego cargado de todos os símbolos que o fan tan peculiar: alpendres, galpóns e adegas que se converten en salas, unha tropa de chimpibuses para transportar aos espectadores, alfombras vermellas espalladas polos carreiros, moita música de espírito festeiro e a hospitalidade de sona universal dos veciños e veciñas de Cans.

E o que nunca pode faltar no Festival de Cans: as mellores curtas galegas do último ano, unha selección de luxo con ficción, animación e esas curtas inclasificables que alcumamos como “frikis”. Este ano tamén poderemos ver dúas longametraxes de estrea e por primeira vez unha selección dos mellores videoclips do país. Cans, a outra capital do Cine!

Se es tipo fino, tes un modisto que che fai os traxes a medida, só bebes viños con nome francés e de tapa prefires caviar beluga, quizais aínda queden billetes nalgún cruceiro á Costa Azul. Se che gusta a festa, tes curiosidade polo que fan as novas promesas do audiovisual galego e queres sentir o arrecendo do estrume mentres viaxas en chimpín dende o torreiro ata un cuberto transformado en sala de cine, aquí está o teu sitio. Non o penses máis...

vén ao Festival de Cans

15/05/2007 GMT 1

Morre Ramón Caamaño, unha das figuras da fotografía galega

marmalpica @ 20:30

Ramón Caamaño, fotógrafo muxián

"Realismo nesas faces curtidas, nesas expresións nostálxicas e nesas mans inchadas polo esforzo. E ficción neses fondos idealizados que contrastan cunha realidade social menos quimérica."


No se puede mostrar la imagen “http://www.cefvigo.com/imaxes/caamano_01.jpg” porque contiene errores.

   
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx  

14/05/2007 GMT 1

Cantiga da costureira poeta

marmalpica @ 19:22

No se puede mostrar la imagen “http://www.17demaio.org/imx/multimedia.jpg” porque contiene errores.

Unha delicia de libro.

As ilustracións de Alfonso Costa Costa e o texto Xosé Agrelo Hermo.

Uxia Senlle canta "vogar",un poema de María Mariño que aparece como final deste libro.


  • Anxo Angueira le un poema de María Mariño
    (Fragmento do vídeo, María Mariño: a flor das raparigas en sombra)
  • María Xosé Queizán fala de María Mariño
    (Fragmento do vídeo, María Mariño: a flor das raparigas en sombra)

13/05/2007 GMT 1

MAPAS SONOROS

marmalpica @ 10:41

ARTEIXO SUENA


ESCOITAR.ORG

Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Percibir, comprender e concibir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares e as nosas xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable. Escoitar.org é un proxecto de dinamización social aberto e libre cuxo obxectivo principal é a difusión e promoción do fenómeno sonoro e a súa exploración con fins sociais e documentais. Escoitar.org é tamén unha actividade do PROXECTO-EDICIÓN (CGAC, MARCO e Fundación Seoane). Podes participar engadindo as tuas gravacións. Benvido a Escoitar.org.

12/05/2007 GMT 1

BOCIXA, vocalista de Zënzar, dirixe "A ceo aberto"

marmalpica @ 13:45

"caricatura.gif

cheira mal

Ahí estaba zenzar,primeiro mordor, no seu primeiro local de ensaio no Pedamúa.

Esta caricatura foi feita por manolo de Fisterra, un seguidor do grupo dende os primeiros tempos cando zenzar actuaba bastante por esas terras. O mérito é que a fixo sen haber pisado nunca o mencionado local de ensaio, e a verdade é que o plasmou como si o coñecese de toda a vida.

Eso si a ristra de chourizos forma parte da sua imaxinación, ó mellor pensou que como o batería e o que máis desgaste ten, de ves en cando botaría man dos chourizos para recobrar forzas.

Outro detalle a mencionar e o da central térmica, vista a través da fiestra. Central que directa ou indirectamente marcou o devir de moita xente do noso entorno e como non influiu como se sabe nalgunha letra da formación.

Resumindo, que foron bos tempos, de desfase, de ilusión, de noites de rock and roll …

 

AS ENCROBAS. A CEO ABERTO

marmalpica @ 00:31

ESTRÉASE A CEO ABERTO, ÁS 8 NO AUDITORIO DE CERCEDA.

ficha artística
Dirección
X. Bocixa
Dirección fotografía
Benjamin Trillo Díaz
Guionista
X. Bocixa
Realización
Mon Soares

As Encrobas. A ceo aberto
As Encrobas. A ceo aberto

A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.


11/05/2007 GMT 1

Un concerto de Malvela é unha ocasión única para disfrutar da mellor música popular.

marmalpica @ 14:25

"O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía e organizado hai xa uns anos pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos.

O que nun principio foi unha actividade cultural, logo deu en converterse nunha paixón continuada, ata que a madurez e as ganas de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria, levaron a Malvela a concebir unha actividade artística fora do tradicional ámbito doméstico.

Malvela armouse dunha variada instrumentación:
Raquel Domínguez (gaita e frautas)
Viqui Pérez (cavaquiño e percusións)
Ana Senlle (percusión e dirección vocal)

Comezaron a levar a súa música popular alá onde foron requeridas (XX aniversario do grupo Na Lúa en O Porriño; Ponteceso, xunto a Susana Seivane; Arzúa, Vigo, As Pontes, San Sadurniño, Tui... e innumerables festas, romarías e actos culturais de toda Galicia, así coma varias actuacións na TVG).

Concebiron tamén un espectáculo chamado "Que o pano non me namora" para conmemorar o Día Mundial da Non Violencia contra as Mulleres, espectáculo audiovisual de denuncia dos malos tratos ás mulleres organizado pola Concellería de Muller e Xuventude do Concello de Mos, que acadou unha magnifica acollida entre o publico e a critica."

SANS FINS - MALVELA

10/05/2007 GMT 1

La Galice. Jean Dieuzaide

marmalpica @ 17:35
La Galice. Jean Dieuzaide
Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia, A Coruña
24 Abril - 23 Xuño

"A exposición La Galice mostra 65 fotografías tomadas por Jean Dieuzaide en 1958 e 1961 en Galicia. É unha selección do arquivo privado do autor, conservado na súa residencia de Toulouse que amosa a vida nas vilas e cidades, no campo e nas rías, dunha Galicia previa ao desenvolvemento que conservaba moitos dos seus singulares sinais de identidade."


O CANTAR DO ARRIEIRO - MALVELA

09/05/2007 GMT 1

PATRIMONIO INMATERIAL

marmalpica @ 14:42

Proxecto Ronsel

"Conservar e poñer en valor o noso patrimonio inmaterial

As regueifas ou desafíos cantados, as lendas, os oficios tradicionais e os saberes ligados aos traballos da terra e do mar son exemplos do patrimonio cultural galego. Trátase dunha parte importante da nosa cultura, que se pretende recuperar e poñer en valor a través de Ronsel, un ambicioso proxecto no que colaboran o Goberno galego e as tres universidades do país. Para consolidar os resultados os traballos prolongaranse durante 5 anos e para este primeiro o orzamento será de 255.000 euros.

O obxectivo é evitar a desaparición das formas inmateriais do noso patrimonio cultural de maneira que se poidan inserir na economía e na sociedade da Galiza actual. A acción coordenada dos departamentos de Cultura, Innovación e Industria e Medio Rural e o traballo dos investigadores das universidades permitirán poñer en marcha medidas conxuntas para aproveitar ao máximo as sinerxias"

FALAR DE AMORES - nordestin@s

08/05/2007 GMT 1

MARIÑA DOR - bisbarra de vacacións

marmalpica @ 20:08


GALICIA ENCANTADA - enciclopedia da fantasia popular de galicia

marmalpica @ 19:33

O mouro rouba os zapatos

E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío curcumba¨ paseábase por´o alto e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen”.

SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

ARI ARI - NORDESTIN@S

marmalpica @ 14:29

07-letra-ari-ari-1.JPG

07/05/2007 GMT 1

NON SEI - NORDESTIN@S

marmalpica @ 20:57

nordestinas1.JPG

Neste proxecto atopamos un repertorio de cancións populares do norte de Galicia, composicións que ulen a mar e a taberna, que falan de lendas de mulleres e sereas e que foron trasmitidas por varias xeracións grazas ao labor, entre outros, do “último leiteiro con carro e burra” de San Sadurniño.

ABE RABADE - GUADI GALEGO - UGIA PEDREIRA

06/05/2007 GMT 1

TARDE DE DOMINGO EN MALPICA

marmalpica @ 22:25

PIRATAS URBANOS - disco - A PER LOCA

XANELA GALIZA unha páxina chea de fotos da nosa terra

05/05/2007 GMT 1

VAI POR TODAS

marmalpica @ 20:59

a nosa historia - matraca perversa

nais.JPG

VAI POR ELAS

marmalpica @ 19:35

madres_ronda-680.jpg


"Individualmente no vamos a conseguir nada, ¿por qué no vamos todas a la Plaza de Mayo? Cuando seamos muchas, Videla tendrá que recibirnos", comentó Azucena Villaflor a un grupo de mujeres que buscaban información sobre sus hijos secuestrados por la dictadura. El 30 de abril se cumplieron 30 años de esa osadía sin precedente en pleno apogeo del terrorismo de estado.

MENINA - MARFUL

04/05/2007 GMT 1

Xabier Diaz - PEDRA DE SAL - Carballo

marmalpica @ 17:53

Pedra de Sal, unha praia de  Carballo é unha canción de Xabier Diaz .

03/05/2007 GMT 1

3 de maio, folga no ensino

marmalpica @ 22:49

No se puede mostrar la imagen “http://www.laprimaverarepublicana.cat/img_expo/escola_1.gif” porque contiene errores.
La escole del mar -1931 - Barcelona

Por un ensino público,  laico e de calidade é polo que eu fun hoxe á folga.

02/05/2007 GMT 1

GALICIA BORROSA - SANTIAGO LAMAS

marmalpica @ 14:18

A SABEDORÍA DOS RÍOS

O Miño, un río que hai séculos era o corazón da Galicia romana e sueva, é agora, como o Rin, en parte do seu percorrido fronteira de terras que estaban unidas. Escribe Joao Verde:

Vendo-os asim tao pertinho

A Galicia mailo Minho

sao como dois namorados

que o río traz separados

quase desde o nascimento

deixai-os pois namorar,

ja que os pais para casar

lles nao dao consentimiento.

 GALICIA BORROSA

Un bico, un beijo, mór, A banda de Poi

 

 

 

 

 

 

 

 

01/05/2007 GMT 1

VOGAR, poema de Maria Mariño na voz de Uxia Senlle.

marmalpica @ 15:41

OS RÍOS GALEGOS

marmalpica @ 13:58

No se puede mostrar la imagen “http://www.galeon.com/sloren/pacheco.jpg” porque contiene errores.


Sacado do libro : Os rios Galegos

de Ramón Otero Pedrayo.

(Foto do Río Miño-Os Peares. Fonte o libro citado)

" O miño ourensán siñifica unha estaxe de val carregado de historia. Decorre o río en fermosos relanzos polo val quente e afonda antre terrazas edificadas por il. As Comarcas obedentes ó chamamento do Miño ourensán son moitas, mestas de historia, de soaves matizaciós. Son as do Ribeiro ourensán, os penichaos da Peroxa, as bocarribeiras cinguidas por degráus sinxelos de caraiteres paisaxísticos...Os fartos meandros folgados, entre as terrazas de barro e pelouros, pé das costas graníticas das bocarribeiras, fan a beleza do Miño ourensán. Folgadas voltas de Ourense a Reza, de Barbantes, veigas mestas onde as formas vellas combínanse cas novas e os coiñales brancos anovan a estroitura das terrazas envolveitas na escura vexetación, valencia das crebadas afluentes, únhas estreitas, case leitos de torrentes e cachóns, outras orgaizadas. Eles madurecen na veiga e meandros de Ventosela...".

Hai unha foto extraordinaria desta zona do Miño sacada polo fotográfo Pacheco.

Foto do río Miño en Ourense. Pacheco.

Eran outros tempos.

O río Miño no ano 1925.

Fonte o libro citado. Ourense ano 1925

OS RÍOS SON POESÍA

marmalpica @ 00:13

Pasa río, pasa, río

co teu maino rebulir

pasa, pasa ante as froliñas

color de ouro marfil,

a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis

Rosalía de Castro

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis